terça-feira, junho 16, 2009

 

novos bolos luras

manda carallo.... cómo son as cousas!
estes carallos de luras que parecían desaparecidos, e resulta que agora ímolos ter ata na sopa (umm, que rica rica sopa de luras!).

o venres 19 de xuño no Bar Patos (Nigrán) ás 23:30 horas, e logo o sábado 27 na Fábrica de chocolate ás 23 horas.... e de balde total!!!!

non, si vai haber que ir, ainda que sexa para insultalos... qué cabrones!

por certo, estamos facendo unha enquisa sobre o logo lura. cál te gusta máis?



PD: saúdos a ese pedaso de músico canario, botámoste de menos, Oliver!!!

quinta-feira, novembro 13, 2008

 

PRESENTACIÓN FORMAL DO LOGO LURA


Hola, famentos do mundo!!!


mirade que pinta ten esta lura, cos seus tentáculos e ese corpiño tan xeitoso...

realizada coa técnica de boli de catro cores sobre parede interior, foi realizada polo pintor e músico GONZO nos camerinos da Fábrica de Chocolate de Vigo.


teño que recoñecer que a foto que lle fixemos foi retocada por Photoshop modificando a cor de recheo, que era verde (as limitacións dos bolis de 4 cores), e foi retocada para transformala nunha cor mais semellante á dunha lura fresquiña.


estreamos logo co gallo do bolo que faremos o SÁBADO 15 NOV. 08, ÁS 23 H. NA SALA LA RADIO DE VIGO (r/ Serafín Avendaño, 10).

fritura de luras fresquiñas sustituindo ao tradicional magosto... non vaias a comparar!!

xa o sabes, avisado/a quedas

sábado, novembro 01, 2008

 

LURAS, ESES GRANDES DESCOÑECIDOS


- claro, como non! si tocades de ano en ano!
- bueno, vale, pero o bo, si breve dúas veces bo...
- concreta, meu.
- chsss, non fales moi alto non vaia ser que ...
- que qué
- fale. os Frying Luras volven tocar. sisisi, tocan o 15 de novembro de 2008 en Vigo, na sala La Radio, as 23 horas.
- diosssss, que fuerte, que fuerte!!!!
- tranqui, meu, conservemo-la calma, que aínda falta un rato. cada cosa ao seu tempo; de momento anunciámo-lo para calmar ás ansiosas masas, que se vaian concentrando, que avisen deste fastuoso evento a todo o mundo, que todo chegará...
- pois que ben
- pois iso

NON DEIXAR PASAR ESTA OPORTUNIDADE, QUE DESPOIS VOS QUEIXADES DE NON PODER VER E ESCOITAR AOS LURAS, E TEÑOVOS QUE ATURAR.
SÁBADO 15 DE NOVEMBRO DE 2008 ÁS 23 HORAS NA SALA "LA RADIO" DE VIGO.

quinta-feira, dezembro 27, 2007

 

LURAS DE ANIVERSARIO


saúdos, blogueiros:

os incombustibeis FRYING LURAS voltan a casa por nadal. Para celebrar o 10º (ou asin) aniversario dos Luras, imos facer unha gran festa o vindeiro dia 30 de decembro ás 21 horas na Fábrica de Chocolate de Vigo.

Van pasar case que todos aqueles que tocaron nos Frying Luras ao longo destes todos anos...

que si Coco, Mirito, Juan Kogito, Gonzalo Gonzo... so fallan Nacho e Oliver, por un tema de quilómetros (minimo 600).

a entrada é de balde, ten unha pinta fabulosa o choio, vai estar petado de boa xente (chavalas, chavales, gaiteiros, paisanas, paisanos, currantes, estudantes, machacas, bolingas, equilibristas, e tamén etcs).


logo non digades que non estabades avisados:

FRYING LURAS O DIA 30 DE DECEMBRO DE 2007 ÁS 21:00 HORAS NA FÁBRICA DE CHOCOLATE DE VIGO.


quarta-feira, setembro 26, 2007

 

luras fritas en manteca... slurps!

os FRYING LURAS atacan de novo.
o vindeiro sábado 29 de setembro, ás 00:30 h., no Manteca Jazz (r/ Carral - Vigo), nova sesión gastronómico-musical no mítico local vigués, nunha das derradeiras actuacións antes do peche definitivo do local.
non deixes de pasar a ocasión.
be lura, mai fren!!!

sexta-feira, junho 22, 2007

 

contacta cós Frying Luras

tlfo. de contacto dos Luras: 654 741 449

 

luras na radio galega

eeiiiiii!!!! grazas as xestións de Roberto "manaié" con Vituco (cómo molan os Ruxe Ruxe!), onte 21 de xuño os luras saíron á superficie das ondas.
Foi no programa ABERTO POR REFORMAS de Xurxo Souto, e discurríu nun ambiente caralludo, propiciado por Xurxo e mais Vituco, que fixeron que estivéramos máis soltos do que nos cheirábamos íamos estar.
Alí estabamos Rafa, Rubé, Roberto manaié e Havi, falando de todo un pouco (biografía do grupo, Raxó, Paco Vazquez e o Vaticano, viño xove e vinagre, eses bolos que non dan saído...), e lanzándonos a tocar un par de temas cunha guitarra española e esa voz rompedora de Rubé. Soaron "Area" e "Wellcome to my head".
O resultado desa actuación foi a proposta de incluir "Area" así tocada no concurso "Apologhit" (estades todos avisados: imos a por todas!!!!)
Estamos encantados, ledicia total polo trato que nos deron Xurxo e Vituco; joder, qué punto!!!!
Despois da entrevista, e despois de ter que falar cunha "señorita" telefonista do seguro do coche - que non tiña o poder e amáis era un home - e despois de varias birras, fomos convidados por Vituco ó ensaio dos RUXE RUXE, e flipamos. amáis de musicazos, xente de puta madre que destilan ese bo rollo que distingue os grupos das "bandas". Coa escusa da peneca que xa tiñamos, bailamos e pasámolo que nin dios.
GRAZAS GRAZAS GRAZAS, VITUCOOOOOOOO!!!!! (sen esquecer a tódolos Ruxe Ruxe).

esperamos en breve podervos contar que xa temos gravada a maqueta dos Frying Luras...
eses rapaces (?) que dominan o trilingüismo, (galego, castelán e inglés) ; ou sexa, teñen a lingua trífida, e que si queredes vola deixan ver... enrriba dun escenario!!

terça-feira, fevereiro 20, 2007

 

VI LURA, MAI FREN


os luras tomando un respiro.
e, sen respiro, outra lurada:
o mércores 21 de febreiro de 2007, ás 23 horas, na sala Ensanche de Vigo, novas sensacións...
presentación do novo guitarrista dos Luras, Pablo "fastfinger".

This page is powered by Blogger. Isn't yours?