quarta-feira, janeiro 31, 2007

 

NOVAS LURAS

novidades de cara ó concerto do dia 2 de febreiro na Fábrica de Chocolate:
por motivos de traballo (a maldita pachanga) , a nova fichaxe Lura (Pablo) non pode estrearse co grupo... haberá que esperar a outro bolo.
para sustituir a Pablo, os Frying teñen un as na manga: Gonzalo "Gonzo" (ex- Killer Barbies), amigo e coñecedor dos temas dos Frying, que, animado polas boas vibracións que compartimos, váise lanzar a por todas e preparou o repertorio ¡nunha semana!, e, polo visto (mais ben escoitado) nos ensaios destes dias, vai ser unha actuación única e memorable, seguro.
como guinda deste pastel, Juan (ex guitarra e teclista dos Frying) anímase tamén e tocará o teclado neste bolo; ou sexa, unha big band de cojones (con perdón).
penso é unha oportunidade única de escoitar todo un repertorio orixinal co matiz desa guitarrita de Gonzo e ese gustazo de Juan, que non se poderá repetir NUNCA XAMAIS.
xa sabes, ou vas o venres 2 á Fábrica de Chocolate (a partir das 23h) e disfrutas do espectáculo, ou perderaste algo irrepetible.
logo non digas que non estabas avisado/a...

sexta-feira, janeiro 26, 2007

 

OUTRO DIRECTO DOS LURAS

ufff, canto tempo sen bucear, diossss!!
sendo lura e con estes tentáculos!!
ben, temos novas os Frying Luras. o vindeiro venres dia 2 de febreiro de 2007 voltamos ós directos. vai ser na Fábrica de Chocolate de Vigo xunto co grupo Los Inmaduros.

Os Frying Luras xa non somos os mesmos, mudou Juan Manuel por Pablo "fastfingers" na guitarra solista e coros. estrearase Pablo o dia 2, e poderedes comprobar o novo son do grupo.
temos novos temas (S.A.P., cantidad-calidad, Visa tu tienes) fresquiños para unha boa freiduría (desas que deixan as luriñas rosiñas).
xa era tempo de voltar...
noutro post falaremos desa "grande idea" do Igaem a medias cos garitos para "impulsar" a música en vivo...

This page is powered by Blogger. Isn't yours?