terça-feira, fevereiro 20, 2007

 

VI LURA, MAI FREN


os luras tomando un respiro.
e, sen respiro, outra lurada:
o mércores 21 de febreiro de 2007, ás 23 horas, na sala Ensanche de Vigo, novas sensacións...
presentación do novo guitarrista dos Luras, Pablo "fastfinger".

segunda-feira, fevereiro 12, 2007

 

FRYING LURAS LIVE!



estes son algúns momentos na vida dos Luras: no local de ensaio, coa visita de Javi Merino (saúdos, Javi!!), preparando o bolo do dia 21 de febreiro 2007 na sala Ensanche de Vigo.
aproveito a ocasión para informarvos de que o dia 24 tocan en La Fábrica de Chocolate o grupo EL CUARTETO DE NOS, do Uruguai; non vos perdades a posibilidade de velos e escoitar os temas do seu derradeiro disco "Raro", imprescindible para calquera persoa que prefire a música en español, galego, euskera, catalá, ... (excepto inglés e americano).
"sea con dinero o no, siempre se paga un favor, y si veo que algo es gratis yo dudo en seguida. sea antes o después, la deuda va a aparecer; y está claro de que nada es gratis en la vida" (cuarteto de nos, Raro)
vémonos o mércores 21 en el Ensanche, e o 24 na Fábrica de Chocolate!!!!!

quarta-feira, fevereiro 07, 2007

 

OS MAIS LURAS DE TODOS


de esquerda a dereita:
rubé (cantante), havi (guitarra e trompeta), ignacio (baixo), Pablo (guitarra) e Rafa (bateria).
nótase ben o bo rollito lura que teñen.

 

PABLO "FASTFINGER" LURA XA ESTÁ AQUI

sí, é él. Pablo. o novo guitarrista dos Frying Luras. e desta vez non pasa que se estrea como Lura. si. o vindeiro dia 21 de febreiro na sala Ensanche de Vigo. non hai volta atrás...

 

AS LURAS? NO SEU PUNTO DE FREIDURÍA: ROSIÑAS, ROSIÑAS

os que ían con fame quedaron saciados; e os que non tiñan, picaron. todo o mundo quedou contento: público, grupo, grupo telonero, donos do local, ...). a zona de churruca estaba baleira o venres ás 12 da noite; todo o mundo estaba na Fábrica de Chocolate bailando cos Frying Luras.
Máis de 100 persoas (previo paso por taquilla a 5 €) disfrutaron dun concerto único, onde a novidade na guitarra de Gonzalo "Gonzo" (por certo, o dia 8 inaugura exposición de pintura) e os teclados de Juan "Kogito" deulles ós Luras unha contundencia inédita ata de agora.

O vindeiro dia 21 de febreiro, na sala Ensanche de Vigo, nova oportunidade de escoitar ós Frying Luras, esta vez co seu novo guitarra Pablo; ou sexa, novo son Lura, outra visión dende a guitarra de Pablo "fastfinger"... contra a monotonía: Frying Luras!!!


This page is powered by Blogger. Isn't yours?