sexta-feira, março 17, 2006

 
Alineación dos Frying Luras: (de esquerda a dereita)
Ignacio (baixo)
Rafa (bateria)
Rubé (voz)
Havi (guitarra e trompeta)
Juan (guitarra e teclados)

mítica foto imposible de repetir (rua doutor cadaval - Vigo), grafitis desaparecidos por mor da "limpeza" pre-volvo ocean race que tantos e tantos ingresos deixou na cidade (as contas da abóa - con demencia senil-).

¡¡¡coida da ría, non a deixes sen luritas!!!

quinta-feira, março 16, 2006

 

reivindica a ver se pica

cada tolo co seu tema...
temos preparado un repertorio de 16 temas propios na liña de saída.
esperamos a que o semáforo se poña en verde, pero ainda que facemos ruido có motor, ninguén repara na nosa presencia na parrilla (onde fritir as luras) de saída... e non hai verde por ningures.
¿qué acontece? os organizadores non aparecen. ¿a que vai ser que non existen?
¿estaremos desfasados?
antes había salas onde tocar, e cobrabas polo teu traballo.
agora, os poucos sitios que programan actuacións ou ben cobran ós grupos por tocar (alucina), ou ben búscate a vida, paga o equipo de son, pon cartelería, móvete para levar xente... e que gañe cartos o do local.
parece que os músicos non existimos como tales, non temos gastos, non nos supón nengún esforzo nin tempo facer unha actuación nin preparala... o importante é que o local gañe cartos, e, si é "enrrollado" o dono, ó mellor pode soltar uns euriños (non vaia a cantar moito o cutreo).
¿para cando o apoio ós músicos e á música en vivo?
¿para cando unha promoción de outras músicas que non sexan gaita e pandereta na Galiza?
está moi ben que se apoie á música popular, pero non exclusivamente esa música.
dende os Frying Luras, dende Vigo, buscamos apoio para iniciativas de promoción e dinificación dos músicos desta e doutras cidades e pobos de Galiza.

quarta-feira, março 08, 2006

 

ensaios e mais ensaios...

qué, cómo vai todo? quitáchedes o barolo de enrriba? velaí van novas aventuras dos frying.
como sabedes, ensaiamo-los luns. cada día que pasa as cousas saen mais malladas, estamos como motos e sabemos que tí queres vernos en directo.... nós tamén.
estamos, ó tempo que machacando os temas do repertorio, facendo novos temas ós que se lles nota que piden a gritos que os toquemos no mundo exterior.
¿pensas que pode ser posible? contarnos algo ó respecto.
una luz cegadora...
UN DISPARO DE NIEVE!!!
Teorías da creación:
"xa me dixo teu pai que che saque a bailar, e no medio do baile que che deixe quedar..."
busca un tema no mundo onde non se poda meter esta letra.
se atopas un, ponte en contacto con nós.
a todos aqueles que den cun tema desas características obsequiarémolo cunha maqueta dos frying luras.
veña, dalle voltas e mais voltas.

quinta-feira, março 02, 2006

 

a maqueta dos luras





from lost to the river.... de perdidos ó río. o noso traballo maqueteiro realizado nos estudios de René, sen nengunha producción, sen nengún traballo de masterización... sen presuposto, falando claro.
o que si ten producción é no deseño gráfico, realizado polos alumnos do curso FIP de forGA de Vigo, cun material gráfico de Lolina na súa liña, ou sexa, unhas fotos logradísimas. queremos agradecerlle tanto a Lolina como a Oscar (profesor do curso de deseño gráfico de forGA) e os alumnos que idearon esta portada a súa desinteresada colaboración na realización de FROM LOST TO THE RIVER. na cabeceira podedes comprobar en exclusiva o libreto coas letras destes 6 temas, que na edición para distribución non aparecen.


quarta-feira, março 01, 2006

 

MAIS DATOS DOS FRYING LURAS

día de ensaio dos Frying: Luns, dende as 22:00 h.
se queres acudir ó ensaio, nengún problema: traes unhas birras e psicotrópicos para compartir (nos tamén aportamos) e verás cómo se che vai o barolo que poideras ter enrriba (en Galicia é moi normal telo).
fala con nós (654 741 449).
si sabes de locais onde tocar... a qué esperas para comunicarnolo!!!!.
que qué tipo de música facemos?
como non saímos en Radio 3, non estamos etiquetados, afortunadamente (custa un traballo poñer nomes...)
idioma que usamos nas cancións?
espangallinglis (español, galego e inglés).... rubé políglotarrrrrr!!.

se queres máis información, facede comentarios.
¡ veña, machotes, femiotas, gayteiros!

 
máis datos dos Frying Luras:
local de ensaio: René estudios (Dr. Cadaval).
teléfono de contacto: 654 741 449.

 

QUE NON COLLA BAROLO!!



probando, probando...
comeza a emitir o blog dos FRYING LURAS, un grupo de Vigo en loita permanente contra o barolo e o abarolamento.

nótase unha falla total de familiarización có medio... paciencia que todo chegará.

de momento vou facer unha presentación do grupo:

Ignacio, baixista, forma parte do vinagre. ten un baixo mítico que soa (faino soar el, eh?) cañón cañón. formou parte dos Unión Penosa (qué tempos aqueles..), e conserva intacta a motivación, cousa que có paso dos anos é unha grande virtude... jejeje.

Rafa, batera, é viño xoven. curtido na pachanga, vai sobrado de forma física (e mental) grazas a esas sesións de pupurris de media hora nas que se ve envolto na orquesta que lle da de comer. é a súa primeira incursión nun grupo "non remunerado".

Roberto (ou Rubé), vinagre gran reserva, é o colíder dos Frying xunto con Havi (non hai máis que velos xuntiños na foto). non hai cantante coma él, unha voz moi persoal á altura (e iso que é baixiño) de Tom Waits, Bonnie Tyler ou Sabina(váime matar por isto) ; ou sexa, augardentosa, que xa quixeran para sí Garganta Profunda ou as Voces Búlgaras. Tamén toca a guitarra e con-trabajo (sic); isto é: o seu traballiño lle custa toca-la guitarra... pero o consegue.

Havi, guitarra, trompeta e coros. tamén é vinagre, e xunto con Rubé é colíder da banda, unha verba (colíder) que esconde unha realidade dura para os dous... todas as carencias do mundo quedan tapadas por un ou polo outro; o ben e o mal, o yin e o yan, anne y gartiburu, rómulo y remo, ... infinitas posibilidades temos. tocou nas bandas (por orde cronolóxico): edad eléctrica (Cangas), Viejo Método (Redondela) e Unión Penosa. ainda que cun pouco de bandullo (tamaño estandar), froito do inexorable paso do tempo (ja), e con firme propósito de retomar a silueta anterior á curva da felicidade, segue na procura de desfogar todo o que leva dentro (grasas incluidas) en directos e ensaios.

Juan, guitarra e teclados, é viño xoven con denominación de orixe. compaxina co seu grupo de ska Kógito, unha banda chamada a ocupar ...... (sonche moitos os compoñentes). cun gusto musical que da gusto, fáltalle un mecenas que lle merque un teclado deses caros e bos que calquera quixera. de momento xa conseguíu a guitarra Gibson sen padriño nengún (gran mérito cós tempos que corren na música) e como triunfemos os Frying e Kógito, a ver como vai facer... él quere verse nesa situación (e nós tamén).

de seguido vai a nosa carta de presentación (perdón polo idioma, pero non me apetece traducir agora):

FRYING LURAS


Friendo luras..., una obcecación de Roberto y Havi que no podía morir en la sartén. Desde el comienzo del milenio, y ya en 2006...
pese a los elementos en contra, conseguimos lo que nos obcecamos en lograr.

Frying luras, combinación de vino joven y vinagre, tras idas y venidas de baterias suicidas, consigue una formación estable con la que poder mostrar su “exclusivo” repertorio, hecho que habían conseguido en contadas y “exclusivas” actuaciones – 3 por año – y que ahora, conseguida la ansiada estabilidad, sólo piensan en revelarle al mundo sus composiciones.
Roberto “vinagre”(voz y guitarra) y Havi “vinagre” (guitarra y trompeta), colíderes por naturaleza, forman con Ignacio “vinagre” (bajo), Juan “vino joven”(guitarra y teclados) y Rafa “vino joven” (bateria), los Frying Luras, grupo influenciado por todas las músicas habidas y por haber,... y que las etiquetas las pongas otros.

Entre otros, fueron afortunados los asistentes a los siguientes conciertos:

- Presentación del corto “The last Patrol”, en sala Nova Olimpia. 2001
- Xove Vigo 2002
- Concentración motera Ponteareas 2002
- La Iguana Club. 2003
- Festa expansiva Nunca Mais. 2003
- Electric Globe. 2004
- Biker`s Bar. 2005
- Quomo. 2005
- C.C. Abrente. 2005


ben, isto é todo de momento. como ainda non me manexo moi ben na creación de blogs, non sei como mostrar as nosas creacións, pero si alguén que lea isto sabe cómo engadir arquivos de audio, colgaremos todos os nosos temas para disfrute gratuito dos luras todos do mundo.

BENVIDOS E QUE NON OS COLLA BAROLO!!!!!!!


This page is powered by Blogger. Isn't yours?