quarta-feira, março 01, 2006
QUE NON COLLA BAROLO!!

probando, probando...
comeza a emitir o blog dos FRYING LURAS, un grupo de Vigo en loita permanente contra o barolo e o abarolamento.
nótase unha falla total de familiarización có medio... paciencia que todo chegará.
de momento vou facer unha presentación do grupo:
Ignacio, baixista, forma parte do vinagre. ten un baixo mítico que soa (faino soar el, eh?) cañón cañón. formou parte dos Unión Penosa (qué tempos aqueles..), e conserva intacta a motivación, cousa que có paso dos anos é unha grande virtude... jejeje.
Rafa, batera, é viño xoven. curtido na pachanga, vai sobrado de forma física (e mental) grazas a esas sesións de pupurris de media hora nas que se ve envolto na orquesta que lle da de comer. é a súa primeira incursión nun grupo "non remunerado".
Roberto (ou Rubé), vinagre gran reserva, é o colíder dos Frying xunto con Havi (non hai máis que velos xuntiños na foto). non hai cantante coma él, unha voz moi persoal á altura (e iso que é baixiño) de Tom Waits, Bonnie Tyler ou Sabina(váime matar por isto) ; ou sexa, augardentosa, que xa quixeran para sí Garganta Profunda ou as Voces Búlgaras. Tamén toca a guitarra e con-trabajo (sic); isto é: o seu traballiño lle custa toca-la guitarra... pero o consegue.
Havi, guitarra, trompeta e coros. tamén é vinagre, e xunto con Rubé é colíder da banda, unha verba (colíder) que esconde unha realidade dura para os dous... todas as carencias do mundo quedan tapadas por un ou polo outro; o ben e o mal, o yin e o yan, anne y gartiburu, rómulo y remo, ... infinitas posibilidades temos. tocou nas bandas (por orde cronolóxico): edad eléctrica (Cangas), Viejo Método (Redondela) e Unión Penosa. ainda que cun pouco de bandullo (tamaño estandar), froito do inexorable paso do tempo (ja), e con firme propósito de retomar a silueta anterior á curva da felicidade, segue na procura de desfogar todo o que leva dentro (grasas incluidas) en directos e ensaios.
Juan, guitarra e teclados, é viño xoven con denominación de orixe. compaxina co seu grupo de ska Kógito, unha banda chamada a ocupar ...... (sonche moitos os compoñentes). cun gusto musical que da gusto, fáltalle un mecenas que lle merque un teclado deses caros e bos que calquera quixera. de momento xa conseguíu a guitarra Gibson sen padriño nengún (gran mérito cós tempos que corren na música) e como triunfemos os Frying e Kógito, a ver como vai facer... él quere verse nesa situación (e nós tamén).
de seguido vai a nosa carta de presentación (perdón polo idioma, pero non me apetece traducir agora):
FRYING LURAS
Friendo luras..., una obcecación de Roberto y Havi que no podía morir en la sartén. Desde el comienzo del milenio, y ya en 2006...
pese a los elementos en contra, conseguimos lo que nos obcecamos en lograr.
Frying luras, combinación de vino joven y vinagre, tras idas y venidas de baterias suicidas, consigue una formación estable con la que poder mostrar su “exclusivo” repertorio, hecho que habían conseguido en contadas y “exclusivas” actuaciones – 3 por año – y que ahora, conseguida la ansiada estabilidad, sólo piensan en revelarle al mundo sus composiciones.
Roberto “vinagre”(voz y guitarra) y Havi “vinagre” (guitarra y trompeta), colíderes por naturaleza, forman con Ignacio “vinagre” (bajo), Juan “vino joven”(guitarra y teclados) y Rafa “vino joven” (bateria), los Frying Luras, grupo influenciado por todas las músicas habidas y por haber,... y que las etiquetas las pongas otros.
Entre otros, fueron afortunados los asistentes a los siguientes conciertos:
- Presentación del corto “The last Patrol”, en sala Nova Olimpia. 2001
- Xove Vigo 2002
- Concentración motera Ponteareas 2002
- La Iguana Club. 2003
- Festa expansiva Nunca Mais. 2003
- Electric Globe. 2004
- Biker`s Bar. 2005
- Quomo. 2005
- C.C. Abrente. 2005
ben, isto é todo de momento. como ainda non me manexo moi ben na creación de blogs, non sei como mostrar as nosas creacións, pero si alguén que lea isto sabe cómo engadir arquivos de audio, colgaremos todos os nosos temas para disfrute gratuito dos luras todos do mundo.
BENVIDOS E QUE NON OS COLLA BAROLO!!!!!!!
Benvidos a Worldblog !!!
PD.A frase podería ser: queremos que..., pero non, polo de agora agora non é asi. É: Gostaríanos que:
a) Se recoñeza na biografía do baixo-man a súa colaboura na formación inestable RM & The Silver Freakie Band.
b)O xa mítico concerto dos Fryin´ na Sala Vademecum o 17-D " 10th Cabodano".
É de lei.
Congratulations, faremos saber do voso blog na nosa rede en canto queirades.
<< Home

