quarta-feira, maio 31, 2006

 

FRYING E A FÁBRICA DE CHOCOLATE

alí estiveron... unhas herbas e tamén chocolate, alí onde se fabrica.
os Frying Luras dándoo todo enrriba do escenario; a xente bailando, bebendo, e berrando na procura de máis caña. soaron ben os Luras, cada vez mellor (público dixit), divertíronse tocando o repertorio (sí,sí, os 16 temas son todos propios), e todo quedou grabado... un material que pode estar a disposición de quen quera escoitalo... sempre que alguén poda dar coa fórmula de colgalo na Rede (os Frying Luras descoñecen os procedementos axeitados nestes casos).
agora é momento de saber ónde hai managers con carteira de clientes que faciliten bolos, e meter nas orellas de galegos, portugueses e españois os sons desta formación viguesa orfa de actuacións... ¡qué perda tan grande!.

segunda-feira, maio 22, 2006

 

extra, extra!!!!


confirmadísimo: ¡¡¡ os Frying Luras actuan de novo!!!!!


o 25 de maio na Fábrica de Chocolate, as 22:00 h.

contra o aburrimento e a precariedade laboral do colectivo de músicos!!

contra o mundo, contra natura, contraataqueeeerrr!!!


sábado, maio 20, 2006

 

Segue a lucir o sol

Se cometiches a imprudencia de non asistir ao último concerto lura, na dende aquela xa mítica sala "Ensanche", pódeste resarcir o vinceiro xoves, 25 de maio (ven con ou sen saio) ás 22,00 horas na Fábrica de Chocolate (R/ Rogelio Abalde 22) en Vigo. Auténtico directo rock'lura.
Estades avisados

sexta-feira, maio 05, 2006

 

NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA

Cumpríronse os pronósticos, e finalmente sairon ó escenario os Frying Luras.
relaxados pero concentrados, colleron os bártulos e puséronse a tocar o seu repertorio coma nunca o fixeran antes: sen prisa pero sen pausa. Un tras outro foron caindo os 16 temas que compoñen o seu repertorio, coa confianza que da levar mais ensaios que dios... e poucos bolos ás costas.
Chasis del cereal, evolution, esparramado animal, xulia, tanino, perhaps, pildorilla,... foron caindo un tralo outro sen descanso, sen deixar pensar ó público (grazas, grazas a todos) si era un sono ou era realidade que eses homes que estaban ahí enrriba eran realmente os Frying Luras.
salvo algunha lexítima proposta (¡poperitos, máis caña!- gritaba algún), parece que os temas gustaron... as propostas dos fans non cairán en saco roto, prometeron.
agora agarda unha nova travesía do deserto, a menos que o desinteresado manager dos Luras (Roberto) atope algún novo bolo (sabarís en xullo?), ou alguén de fora ou do propio grupo se mova e permita ós ollos e oidos dos mortais repetir a experiencia mística de recrearse coas cancións deste particular grupo vigués.
¿pescar luritas? ben doado: non hai que poñer bicho, nin cebo artificial, nin nada. con falar con eles seguro que se arranxa, e despois eles encargaranse de facer a brasa e presentalas en fritura, ou o que é o mesmo: ¡¡¡FRYING LURAS!!!!

terça-feira, maio 02, 2006

 

VÉXAOS ANTES DE QUE CREZCAN!!

si, si, é certo: ¡¡¡¡ hai bolo dos frying !!!!!
o día 3 de maio, na sala El Ensanche (Stgo. de Vigo), a partires das 23 horas (despois de rematar o partido do celtiña), teredes a oportunidade nada frecuente de escoitar en directo ó grupo que máis se fai de rogar para facer actuacións en directo (bueno, algún jrupo amais de nós hai, eh, RM?).

hai 16 temas quentiños e de colleita propia que precisan brasa, como as luritas á parrilla, e nós, que nos gusta cociñar, ... veña lume pa`diante!!!.

¿¿vaste perder semellante ocasión de ver e escoitar os FRYING LURAS .... TOTALMENTE DE BALDE???????

en vigo hai un grupo preocupado porque non se perda a cultura gastronómica e musical....
cefalópodos, tranquis, que non vos esquecemos.

algunhas das frases sobre os Frying:
- ay, que gustito pa mis orejas (R. Amador)
- para unha vez que tocan, non mo perdo (calquera ser humano)
- y lo juapiños que son!! (calquera ser humano)
- no sé, no sé (Duda, futbolista)
- unos cachondos (nacho vidal, miembro)
- podería escribir ríos de tinta sobre eles (unha lura calquera)
- muy lights (Martin o Charlie Sin)
- me se cae la baba (Pétula Clark)
- una luz cegadora, un disparo de nieve (Silvio)
- infumabeis (Elena Salgado, menistra)
- ..... PARTICIPA TÍ TAMÉN....

esperamos comentarios previos e posteriores. vémonos no Ensanche!!!

This page is powered by Blogger. Isn't yours?