quinta-feira, março 16, 2006

 

reivindica a ver se pica

cada tolo co seu tema...
temos preparado un repertorio de 16 temas propios na liña de saída.
esperamos a que o semáforo se poña en verde, pero ainda que facemos ruido có motor, ninguén repara na nosa presencia na parrilla (onde fritir as luras) de saída... e non hai verde por ningures.
¿qué acontece? os organizadores non aparecen. ¿a que vai ser que non existen?
¿estaremos desfasados?
antes había salas onde tocar, e cobrabas polo teu traballo.
agora, os poucos sitios que programan actuacións ou ben cobran ós grupos por tocar (alucina), ou ben búscate a vida, paga o equipo de son, pon cartelería, móvete para levar xente... e que gañe cartos o do local.
parece que os músicos non existimos como tales, non temos gastos, non nos supón nengún esforzo nin tempo facer unha actuación nin preparala... o importante é que o local gañe cartos, e, si é "enrrollado" o dono, ó mellor pode soltar uns euriños (non vaia a cantar moito o cutreo).
¿para cando o apoio ós músicos e á música en vivo?
¿para cando unha promoción de outras músicas que non sexan gaita e pandereta na Galiza?
está moi ben que se apoie á música popular, pero non exclusivamente esa música.
dende os Frying Luras, dende Vigo, buscamos apoio para iniciativas de promoción e dinificación dos músicos desta e doutras cidades e pobos de Galiza.

Comments: Enviar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?