sexta-feira, maio 05, 2006

 

NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA

Cumpríronse os pronósticos, e finalmente sairon ó escenario os Frying Luras.
relaxados pero concentrados, colleron os bártulos e puséronse a tocar o seu repertorio coma nunca o fixeran antes: sen prisa pero sen pausa. Un tras outro foron caindo os 16 temas que compoñen o seu repertorio, coa confianza que da levar mais ensaios que dios... e poucos bolos ás costas.
Chasis del cereal, evolution, esparramado animal, xulia, tanino, perhaps, pildorilla,... foron caindo un tralo outro sen descanso, sen deixar pensar ó público (grazas, grazas a todos) si era un sono ou era realidade que eses homes que estaban ahí enrriba eran realmente os Frying Luras.
salvo algunha lexítima proposta (¡poperitos, máis caña!- gritaba algún), parece que os temas gustaron... as propostas dos fans non cairán en saco roto, prometeron.
agora agarda unha nova travesía do deserto, a menos que o desinteresado manager dos Luras (Roberto) atope algún novo bolo (sabarís en xullo?), ou alguén de fora ou do propio grupo se mova e permita ós ollos e oidos dos mortais repetir a experiencia mística de recrearse coas cancións deste particular grupo vigués.
¿pescar luritas? ben doado: non hai que poñer bicho, nin cebo artificial, nin nada. con falar con eles seguro que se arranxa, e despois eles encargaranse de facer a brasa e presentalas en fritura, ou o que é o mesmo: ¡¡¡FRYING LURAS!!!!

Comments:
Para cando algunha versión?. Aínda que sexa só para os bises que, tedes que recoñecelo, a xente sempre (cáseque sempre, S. Vicente) vos pide.
 
Parcialmente dacordo Anónimo.
1º Versiones . SI
2º Bises. NO
Proposta. Versiones entre os temas propios. Non hay jrupo ( nin os jrandes) que resista hora e media de temas propios sen que o público bosteze unha vez.
PD. Pronto á venta o single "A Madriña versus Frying Luras"
Cara A. Perhaps/ Cara B. Go to Bed
 
E lojo tedes trompetista vos tamén?, ou fasedes o metal (¡¡metal solución, xa!!) cos teclados eses ... que a madriña isa éche moi moderna de dioss.
De tódolos xeitos, járdame un exemplar.
Comando Lura sen mando
 
Enviar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?