sexta-feira, janeiro 26, 2007

 

OUTRO DIRECTO DOS LURAS

ufff, canto tempo sen bucear, diossss!!
sendo lura e con estes tentáculos!!
ben, temos novas os Frying Luras. o vindeiro venres dia 2 de febreiro de 2007 voltamos ós directos. vai ser na Fábrica de Chocolate de Vigo xunto co grupo Los Inmaduros.

Os Frying Luras xa non somos os mesmos, mudou Juan Manuel por Pablo "fastfingers" na guitarra solista e coros. estrearase Pablo o dia 2, e poderedes comprobar o novo son do grupo.
temos novos temas (S.A.P., cantidad-calidad, Visa tu tienes) fresquiños para unha boa freiduría (desas que deixan as luriñas rosiñas).
xa era tempo de voltar...
noutro post falaremos desa "grande idea" do Igaem a medias cos garitos para "impulsar" a música en vivo...

Comments:
Pois ja devezo por ouvir o teu concepto desa "grande idea" do Igaem. Porque so escoitei falar dela nos meios tradizionais e gosto de conhecer todos os pontos de vista. A ver se tardas menos de 6 meses en publicala!

Por cero podese escoitar aos friying luras nalgum lugar da rede?
 
¿Telonean los "maduros" a Los Inmaduros, o viceversa?
 
sobchak:
infórmoche deste programa do Igaem:
ó meu entender, é un negocio para os locais; en nengún caso para os músicos. non se pretende mellorar a precariedade na contratación (por chamarlle dalgún xeito) de grupos ou realizar unha programación estable de música en vivo. trátase dun negocio organizado por e para os locais.
argumentos:
dentro da modalidade de grupos "menores", o grupo cobra 240€, dos cuais 180 os paga o Igaem e 60€ o local. resulta que se establece que haxa unha entrada de 5€, co cal o local so precisa vender 12 entradas para amortizar a sua inversión; todo o demais é beneficio (publicidade que se fai do local, clientes que veñen aportados polos músicos, etc.). para que o local poda acceder a este programa, o Igaem establece uns requisitos, como que o local tivera unha programación estable a lo menos no ano anterior. ben, non hai máis que botar unha ollada ó listado de grupos beneficiarios deste programa en Vigo para alucinar coa cantidade deles que están apuntados e que non realizan esa programación nin de lonxe; locais dos que os músicos de Vigo descoñecemos totalmente que realicen programación de actuacións... pero da igual.
ben, o grupo (que cobra 240€)ten que pagarse o desprazamento (si eres de Vigo e tes que tocar en Lugo, por exemplo), a manutención, e si eres sensato e non te botas á carretera a altas horas da noite, o aloxamento desa noite. amais, HAI QUE POÑER O EQUIPO DE SON, no caso de que o local non conte con todo o necesario. amais, hai que pagar a facenda, e descontar seguirdade social... un negoción!
pensas que deste xeito se promociona a música en vivo (cobrando entrada nunha actuación subvencionada), ou mais ben o que se pretende é darlle de gañar cartos os donos dos locais?
mosquea saber que a selección dos grupos que participan realizáronna os donos dos locais, sen nengunha participación de músicos, e xa se sabe...
o pior é que agora, se non eres un dos grupos seleccionados, ¿onde nos van contratar? non compensas a nengun local, que sen facer nada obteñen actuacións, publicidade, etc. si ata de agora era precario buscar algún local onde tocar, agora vai ser imposible. a situación dos músicos é moito pior que hai 15 ou 20 anos, onde podías ter a posibilidade de cobrar polo teu traballo; agora hai que poñer cartos para poder tocar.
 
anónimo:
viceversa, viceversa: 1º os inmaduros e despois os maduros...
 
sobchak: non temos na rede a nosa música, pero é por ignorancia de cómo se poden colgar os temas na internet... poderías axudarnos a facelo?
grazas.
 
caro havi, para colgar a música-luras e que a xente poida escoitala ou ben baixala...http://www.garageband.com (está en inglés pero e sinxelo)...mentras non exista o site luras podedes disfrutar co http://www.garageband.com/artist/remolca
...y el siguiente paso youtube.com
Be happy
PD. os problemas de saúde nos impediran acudir o venres, pero sabemos que sabredes disculparnos
 
mima-driña:
loado sexa o señor!! alá é grande! tomcruisito de mi vida!! por fin unha fada madriña que nos guía polas profundidades e nos ensina a bucear, xa era tempo... agradecidos pola información, tentaremos de pasar á acción,
pois non dabamos, non,
con cómo colgar unha canción.
chegamos a un punto en que fede
non saber bucear na rede.
PD. probade coa baba de caracol, que é miragrosa para todo...
 
si fai falta asesoramento coa nosa varita os tocaremos donde máis doe ( que é donde máis os gusta )
 
Boas:
perdom polo retraso en contestar... perdera a direçom do blogue, e ata hoje que atopeivos em blogalego.

Ta claro que a cultura subvencionada sempre gera problemas ao seu redor.

No que se refire aos voso temas. Se ainda nom os colgachedes pois claro que me ofrezo a axudarvos. Ocurrenseme tres opcions sinxelas e efectivas. Goear.com, Myspace ou lastfm.
O meu mail é quimdil (arroba) gmail (punto)com ( esto é para que nom se encha de spam o buzón) Se queredes colaboraçom ja sabedes
Apertas poderosas!
 
Enviar um comentário



<< Home

This page is powered by Blogger. Isn't yours?